Inicio > Novas > O desenvolvemento do...


O desenvolvemento do Plan Urban en Lugo volve ser exemplo a nivel nacional de xestión destes fondos europeos

13/12/2013

O Alcalde participa no Acto anual sobre política rexional e Fondos Europeos en España organizado polo Ministerio de Facenda e a Unión Europea

Imaxen asociada a nova O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá ao acto anual sobre política rexional e Fondos Europeos en España organizado polo Ministerio de Facenda e a Unión Europea, no que explicou a importancia e a xestión do Plan Urban para a cidade de Lugo.

“Interesa moito a nosa exposición polo feito de coñecer como interviñeron axentes externos ao Concello e como se buscou non unha simple rehabilitación das rúas ou prazas senón como este Plan mellorou o comercio e a vida dos cidadáns” segundo López Orozco, ademais de “levar unha mellora na sostenibilidade ambiental e económica”.

Durante a súa intervención, López Orozco, explicou como os fondos Urban serviron para crear novos postos de emprego e manter outros, para dinamizar o comercio e, en xeral, para dinamizar a vida nun municipio como é o de Lugo.

Ademais, o Alcalde sinalou que “é un orgullo que Lugo sexa invitado a estes actos porque iso significa que desenvolvemos ben o Plan e que somos un exemplo para outras cidades europeas”.

A este acto, ademais de técnicos españois tamén asisten membros da Unión Europea que avalían o traballo realizado polos diferentes Concellos e entidades españolas.



Concello de Lugo