Inicio > Novas > Ponse en marcha o ma...


Ponse en marcha o maior investimento europeo ata agora en I+D

19/12/2013

Só nos seus dous primeiros anos, o programa emblemático de investigación e innovación da UE - Horizonte 2020 - contará cun investimento de 15.000 millóns de euros en proxectos que xeren emprego.

Imaxen asociada a nova O programa Horizonte 2020 púxose en marcha a semana pasada, cando se anunciou a primeira convocatoria de proxectos.

Os próximos sete anos concederanse 80.000 millóns de euros a universidades, entidades de investigación e empresas para financiar a I+D a través de produtos e servizos innovadores.

Espérase que o investimento masivo impulse a economía do coñecemento en Europa, fomente os avances científicos e colabore a equiparar o continente os seus competidores.

Impulso da innovación e o crecemento

Na medida que atraia o investimento privado, o financiamento concedido deberá desembocar en avances e descubrimentos tecnolóxicos e fomentar o paso das ideas innovadoras do laboratorio ao mercado.

As convocatorias de 2014/2015 destinan 500 millóns de euros ás pequenas e medianas empresas.

Por vez primeira, a Comisión estableceu as súas prioridades de financiamento nos dous próximos anos para orientar mellor a política de investigación da UE. Os fondos centraranse en doce ámbitos, entre eles a sanidade personalizada, a seguridade dixital e as cidades intelixentes.

Os científicos poderán obter subvencións a través do Consello Europeo de Investigación e concederanse bolsas aos investigadores novos.

O financiamento da industria fomentará ámbitos como as tecnoloxías da información e as comunicacións, as nanotecnoloxías, a fabricación avanzada, a robótica, a biotecnoloxía e a investigación espacial.

Outros ámbitos, como a sanidade, a agricultura, a enerxía e o transporte, poderán obter financiamento a través do presuposto destinado aos retos sociais.

Acceso máis sinxelo ao financiamento

Un 60% como mínimo do presuposto total de Horizonte 2020 destinarase a fomentar o desenvolvemento sostible e un 35% como mínimo a cuestións climáticas.

Se se compara cos anteriores programas de investigación da UE, en Horizonte 2020 o procedemento de solicitude simplificouse de maneira que os participantes poidan contar con decisións rápidas sobre o financiamento e centrarse en poñer en marcha os novos proxectos o antes posible.

Comunicado de prensa: ponse en marcha o fondo de investigación Horizonte 2020 da UE

Preguntas frecuentes sobre Horizonte 2020

Pedir financiamento da UE para investigación

A política de investigación da UE: Horizonte 2020



Concello de Lugo