Logotipo
Inicio > Novas > O Concello de Lugo a...

O Concello de Lugo aprobou a contratación de docencia para a 2º fase do programa Lugo Emprego Activo 2

30/12/2013

Luis Álvarez informou que na Xunta de Goberno Local extraordinaria se aprobou a contratación de profesores para a 2º fase do programa Lugo Emprego Activo 2 que permite a formación de máis de 100 desempregados.

Imaxen asociada a nova Un dos puntos aprobados foi a contratación da docencia especializada en impresión dixital para a realización do programa de fomento de emprego Lugo Emprego Activo 2 cofinanciado nun 80% pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, e cun orzamento de 74.250 euros dos que 11.200 euros corresponden ao itinerario de impresión dixital.

Luis Álvarez destacou que “o Goberno Local aposta polas políticas activas de emrpego aínda que non ten competencias, pero é preocupante a pasividade da Xunta de Feijoo”  lembrando que “conseguimos financiación europea para a execución dos programas grazas á excelente valoración que fan en Europa dos nosos proxectos”.

Os 105 participantes foron seleccionados a través da Oficina de Emprego da Xunta de Galicia entre desempregados do municipio de Lugo e vanse levar a cabo 7 itinerarios de emprego e formación en profesións que teñen boas perspectivas profesionais de futuro como son a atención sociosanitaria a persoas no domicilio, impresión dixital, coidador de persoas dependentes e enfermas de alzheimer, operacións básicas de catering, acabado de carpinteria e moble, operacións básicas de restaurante e bar e operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas.

Esta licitación ten como peculiaridade que por primeira vez o Concello inclúe nun procedemento de licitación a reserva da participación para centros especiais de emprego (empresas integradas polo menos nun 70% de traballadores con discapacidade) na acción de impresión dixital. Damos así cumprimento a un compromiso á petición das asociacións que traballan pola inserción laboral das persoas con discapacidade.



Cooperación
Concello de Lugo