Logotipo
Inicio > Novas > Concesión de subvencións para a apertura de n...

Concesión de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais

17/02/2014

ORDE do 27 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN217A).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a apertura de novos establecementos comerciais.

En concreto, considéranse actuacións subvencionables:

Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m².
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.

Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.

Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 30 de xuño de 2014.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

Orde:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140204/AnuncioCA04-280114-0001_gl.pdf


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion