Logotipo
Inicio > Novas > Premios á cooperación

Premios á cooperación

20/02/2014

Orde do 12 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Beneficiarios:

Poderán optar a estes premios as cooperativas e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.

    Premio aos valores cooperativos

•    Outorgarase á cooperativa, entidade ou persoa que máis teña destacado no impulso dos valores cooperativos na Comunidade Autónoma galega.

•    O tribunal valorará a traxectoria dos candidatos e das candidatas, especialmente as actuacións dirixidas á aplicación práctica dos principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional e a súa adecuación ao marco socioeconómico galego.

    Premio ao mellor proxecto cooperativo

•    Outorgarase ao proxecto empresarial cooperativo de especial relevancia, tanto de cooperativas de nova creación como das previamente existentes.

•    O tribunal terá en conta a especial relevancia do proxecto, que pode vir determinada tanto polo seu carácter innovador ou de intercooperación como por outras características singulares e pola súa repercusión no contorno, especialmente nos eidos económico, social e laboral.

    Premio á promoción do cooperativismo

•    Outorgarase á persoa ou entidade que teña destacado especialmente no fomento do cooperativismo, tanto pola súa traxectoria como por actuacións de carácter puntual que resulten particularmente significativas.

•    O tribunal terá en conta a actividade ou actividades realizadas polos candidatos e polas candidatas e a súa repercusión na implantación e desenvolvemento do cooperativismo en Galicia, tanto nos seus aspectos cualitativos como cuantitativos, e valorará especialmente os persoeiros do cooperativismo como xeito de recoñecer as súas traxectorias neste eido.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2014.

    Contía dos premios

Outórganse os seguintes premios:

– Premio aos valores cooperativos, cunha dotación económica de 5.000 euros.

– Premio ao mellor proxecto cooperativo, cunha dotación económica de 5.000 euros.

– Premio á promoción do cooperativismo, cunha dotación económica de 5.000 euros.


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140220/AnuncioCA05-120214-0005_gl.html


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion