Logotipo
Inicio > Novas > Presentación da iniciativa "Ruta ao 2020: o t...

Presentación da iniciativa "Ruta ao 2020: o teu club de emprendedores"

28/02/2014

A iniciativa Ruta 2020: o teu club de emprendedores ten como obxectivo promover a cultura emprendedora no ámbito universitario. A xornada contará coa participación de emprendedores, representantes de organizacións empresariais e outros especialistas en emprendemento.

null

Os asistentes terán nesta xornada unha nova oportunidade para coñecer as posibilidades de poñer en marcha unha idea emprendedora, así como as axudas que existen na actualidade ou algúns dos aspectos da lexislación vixente ademais dos testemuños de mozos emprendedores que xa deron o salto ao mundo empresarial.

A xornada desenvolverase o vindeiro día 7 de marzo e comezará ás 12 da mañá no Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

A presentación estará moderada por Fernando Jáuregui e a benvida será realizada por Pedro García Herradón. (Vicereitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo).
A continuación realizarase a presentación do libro: Podo montar a miña propia empresa?. Que correrá a cargo de: D. José López Orozco (Alcalde de Lugo), D. José Ramón Gómez Besteiro (Presidente da Deputación de Lugo), D. Luis Abelleira (Presidente da Cámara de Comercio de Lugo), Territorial do Banco Santander (Banco Santander), D. Lois Caeiro (Director de El Progreso).
Na mesa redonda Universitarios Emprendedores E ti por que non? participarán:
Dna. Isabel Villamor Cabado (Coordinadora do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo), D. Pablo Fontela Pereira (Técnico de Xestión do Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago), D.Manuel Lolo Aira (Director Xerente de AMSlab), D. Alfonso Martínez (Delegado territorial do EOI en Galicia), Técnico de AJE.

Educa 2020 é un proxecto nacional que chegará a preto de 200 centros educativos ata xullo de 2014 e realizará outras cincocentas accións indirectas en toda España. Inclúe un concurso nacional que premiará os proxectos de emprendemento dos mozos universitarios a través de dez 'apadriñamentos' dos patrocinadores. Os galardóns, que recoñecerán a presentación, a innovación, a creación de emprego, a mellora social e o coidado polo medio, entregaranse o próximo mes de setembro na Escola de Organización Industrial (EOI), en Madrid.


Invitación Universidad Lugo.pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion