Inicio > Novas > Contribuír ao mantem...


Contribuír ao mantemento das empresas europeas

20/03/2014

A UE presenta un novo enfoque para axudar ás empresas con dificultades financeiras e dar unha segunda oportunidade aos emprendedores.

Imaxen asociada a nova Cada ano, unhas 200.000 empresas da UE enfróntanse á posibilidade de quebrar e deixar sen traballo 1,7 millóns de persoas. Por esa razón, hai que tomar medidas para que as empresas con dificultades se poidan reestruturar nunha fase temperá e manteñan as súas actividades.

A reforma dos procedementos de insolvencia nacionais será beneficiosa para todos os interesados. Ademais de protexer as empresas viables e garantir o emprego, tamén reducirá os riscos para os investidores, mellorará os pagamentos aos acredores e fomentará os investimentos transfronteirizos.

Para aumentar a coherencia do sistema, a UE recomenda aos gobernos nacionais que tomen medidas favorables á reestruturación temperá das empresas e eviten abocar as á liquidación, como adoita ser o caso. Estas medidas inclúen:

•    facilitar que as empresas se reestruturen antes de iniciar un procedemento de insolvencia ou un procedemento xudicial
•    dar ás empresas en crise unha moratoria de ata catro meses para adoptar un plan de reestruturación antes de que os acredores poidan iniciar un procedemento de execución
•    liquidar as débedas dos empresarios nun máximo de tres anos despois dunha quebra.

A reestruturación temperá non é posible en varios países da UE. Noutros si existe esa opción, pero os trámites poden resultar ineficaces ou custosos, o que limita os incentivos para o mantemento das empresas.

Estas diferenzas entre os Estados membros inciden nas taxas de recuperación dos acredores transfronteirizos, as decisións de investimento e a reestruturación dos grupos de empresas.

Unha formulación máis coherente a escala da UE reduciría o risco de investir noutro país e melloraría os pagamentos aos acredores en caso de quebra. Harmonizar a xestión das débedas tamén daría aos empresarios a oportunidade de iniciar un novo proxecto. Segundo os datos, as probabilidades de éxito son maiores no segundo intento.

Próximas etapas

A UE pide aos gobernos nacionais que apliquen as medidas axeitadas no prazo dun ano. A Comisión avaliará os progresos realizados e determinará se son necesarias novas medidas.

O Parlamento Europeo aprobou un conxunto de medidas para modernizar as normas de insolvencia transfronteiriza que agora deben ser adoptadas polos ministros reunidos no Consello da UE.

Comunicado de prensa: novo enfoque para rescatar as empresas

Normativa europea sobre procedementos de insolvencia

Axudar ás empresas a amortecer o impacto da reestruturación



Concello de Lugo