Logotipo
Inicio > Novas > Listas provisionais ...

Listas provisionais de persoas seleccionadas para constituír unha bolsa para posibles contratacións administrativas de impartición de obradoiros transversais na segunda fase do proxecto "Lugo Emprego Activo 2"

28/03/2014

 Mediante o Decreto nº 13008865 do 19 de setembro de 2013, abriuse un prazo de dez días, a contar a partir do 23 de setembro de 2013, para a recollida de Curricula Vitae e documentación, para a formación dunha bolsa para posibles contratacións administrativas de persoas interesadas na impartición de obradoiros de formación transversal da segunda fase de Lugo Emprego Activo 2, sobre:


- habilidades sociais
- hábitos laborais
- fomento do coidado e respecto ao medio ambiente
- fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
- fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social

Imaxen asociada a nova  Unha vez examinadas todas as solicitudes presentadas polos candidatos é preciso que algúns dos solicitantes aporten documentación acreditativa desta experiencia, disporán dun prazo de dez días hábiles para presentala ante o Rexistro Xeral do Concello de Lugo.


As contratacións que no seu caso se realicen, terán carácter administrativo e non laboral, sendo de conta da persoa contratada todas as obrigas tanto de seguridade social como tributarias procedentes. Así mesmo  a devandita contratación administrativa non suporá ningún tipo de vinculación laboral ou funcionarial entre a persoa contratada e o Concello de Lugo.


· decreto APROBACION LISTAS PROVISIONAIS.pdf


Cooperación
Concello de Lugo