Inicio
facebook twitter tuenti
Concello de Lugo Injuve
Radares Xuvenis
-
Carmen Basadre asiste á Asamblea Anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas que se celebra mañá en Cartaxena

Nesta reunión presentaranse dous novos membro como son as festas de  El Regreso del Comendador e o El Itinerario de Carlos V



A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asiste mañá sábado 26 de abril á Asamblea Anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas que terá lugar en Cartaxena (Murcia).

 

Neste encontro vanse a traballar diferentes temas relacionados coa promoción das festas de recreación e a inclusión da asociación española dentro da Confédération Européene des Fêtes et Manifestations Historiques que terá como representante ao seu Presidente, Bernd Gerversmann de Alemaña.

 

Durante esta xornada tamén se presentará o II Congreso Internacional de Festas e Recreacións Históricas que terá lugar en Teruel os días 3 e 5 de outubro de 2014, a nova páxina web da asociación e escoitarase a presentación dos candidatos a novos socios da asociación.

 

Así, presentaranse para a súa admisión como novos socios El Regreso del Comendador de Mas de las Matas (Teruel) e o El Itinerario de Carlos V con cinco localidades, Laredo (Cantabria), Medina de Pomar (Burgos), Mojados (Valladolid), Jarandilla de la Vera (Yuste, Cáceres) e Tazones-Villaviciosa (Asturias). Cada unha das propostas terá un tempo para explicar e defender as cualidades da súa festa, para despois pasar á votación.

 

Actualmente son 12  as recreacións históricas nacionais que forman parte deste colectivo co que se reviven feitos dende a época prerromana ata a Guerra da Independencia: Semana Medieval (Estella – Navarra), Los Exconxuraos (Llanera-Arturias), Mercaforum (Calahorra - La Rioja), Guerra Cántabras (Corrales de Buelna – Cantabria), Astures y Romanos (Astorga – León), Cartagineses y Romanos (Murcia), Festa do Esquecemento (Xinzo de Limia – Ourense), Festa da Istoria  (Ribadavia – Ourense), Batalla de la Albuera (La Albuera Badajoz), Arde Lucus (Lugo), Justas Passo Honroso (Hospital de Órbigo – León), Las Bodas de Isabel (Teruel).

 

Ademais a Asamblea coincidirá cos actos do 25 Aniversario da Federación de Tropas e Lexións Cartaxineses e Romanos de Murcia.

Concellería de Xuventude Injuve