Logotipo
Inicio > Novas > Listas definitivas d...

Listas definitivas de persoas seleccionadas para constituír unha bolsa para posibles contratacións administrativas de impartición de obradoiros transversais na segunda fase do proxecto Lugo Emprego Activo 2

02/05/2014

Mediante o Decreto nº 13008865 do 19 de setembro de 2013, abriuse un prazo de dez días, a contar a partir do 23 de setembro de 2013, para a recollida de Curricula Vitae e documentación, para a formación dunha bolsa para posibles contratacións administrativas de persoas interesadas na impartición de obradoiros de formación transversal da segunda fase de Lugo Emprego Activo 2, sobre:

Imaxen asociada a nova -    habilidades sociais
-    hábitos laborais
-    fomento do coidado e respecto ao medio ambiente
-    fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
-    fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social

As contratacións que no seu caso se realicen, terán carácter administrativo e non laboral, sendo de conta da persoa contratada todas as obrigas tanto de seguridade social como tributarias procedentes. Así mesmo  a devandita contratación administrativa non suporá ningún tipo de vinculación laboral ou funcionarial entre a persoa contratada e o Concello de Lugo.

Unha vez examinadas todas as solicitudes presentadas polos candidatos, e tendo en conta que o único criterio de valoración é o número de horas de docencia en cada unha das especialidades,  mediante o Decreto nº 14003041 do 27 de marzo de 2014, aprobáronse as listas provisionais de persoas seleccionadas, abríndose un prazo de dez días hábiles para efectuar reclamacións e aportar documentación non presentada no seu momento oportuno acreditativa do número de horas na impartición desta formación. Esgotado o devandito prazo compre agora aprobar as listas definitivas de persoas seleccionadas.


· Decreto LISTAS DEFINITIVAS.pdf


Cooperación
Concello de Lugo