Inicio > Novas > Unha Europa unida, a...


Unha Europa unida, aberta e máis forte: o "Balance 2010-2014" da Comisión Europea

30/04/2014

 Que fixo a Comisión Europea por ti os últimos cinco anos? A Comisión Europea publica hoxe unha síntese dalgúns dos principais logros que ofreceu aos cidadáns e as empresas de toda Europa nos últimos cinco anos.

Imaxen asociada a nova  No folleto online publicado hoxe, o presidente José Manuel Barroso subliña os principais logros do mandato actual e cada comisario ou comisaria dá tres exemplos concretos do valor engadido que a Comisión Europea achegou a través da súa carteira.


En palabras de Barroso:
"En tales circunstancias, o mantemento do statu quo deixou de ser unha opción. Se os cinco anos previos á presente Comisión estiveron marcados polas cuestións constitucionais formalmente resoltas mediante a introdución do Tratado de Lisboa, os cinco seguintes víronse determinados pola ameaza da crise financeira e da débeda soberana. Ante estes retos, todos podemos estar moi orgullosos de ter conservado unha Europa unida e aberta, que agora é máis forte para encarar o futuro.

Europa está unida porque conseguimos mantela cohesionar, e mesmo a ampliar, a pesar das presións que pesaban sobre os nosos países. Europa móstrase aberta porque nos concertamos cos nosos socios internacionais no marco do GR-20 para definir unha resposta global; porque perseveramos en promover o comercio dentro da Unión Europea e no resto do mundo como motor de crecemento e mantivemos os nosos compromisos cos países en vías de desenvolvemento. Europa é máis forte porque estamos a aplicar as reformas económicas necesarias e o noso goberno económico quedou reforzado, en especial na zona do euro, para que as economías europeas estean en mellores condicións de cara á globalización".

Contexto
A Comisión Europea actual, de 28 comisarios, entrou en funcións o 10 de febreiro de 2010. O seu mandato finaliza o 31 de outubro de 2014.

Balance
Comisarios europeos 2010-2014



Concello de Lugo