28/05/2014
Tamén recibiron unha charla sobre motivación para o emprendemento e de cooperativismo.
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixo entrega dos diplomas acreditativos do curso aos 20 alumnos do centro EPAPU de Lugo que visitaron as instalacións do CEI-Nodus e do Espazo>Lab.
Ao longo da mañá os estudantes visitaron as instalacións municipais nas que puideron falar con emprendedores que están iniciando a súa traxectoria empresarial nos viveiros de empresas e recibiron unha charla de Motivación para emprender e realizaron un obradoiro de cooperativismo.
Esther Muñóz animounos a seguir formándose para poder levar a cabo as ideas emprendedoras que teñan e que son un nicho de emprego destacado ademais de lembrarlles que “nestas instalacións temos moi bos profesionais que vos poden orientar de cara o voso futuro laboral”.
Compartir: