Logotipo
Inicio > Novas > Inicio cursos AFD. A...

Inicio cursos AFD. Accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores e traballadoras desempregados/as

30/06/2014

O Concello de Lugo acolle a realización de dúas accións formativas que a Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral organizou dentro do plan AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores e traballadoras desempregados/as) e no que participan un total de 30 persoas en situación de desemprego.

Imaxen asociada a nova Estas accións formativas contan coa financiación ao 100% do Fondo Social Europeo a través da  Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e o obxectivo é instruír ás persoas  participantes no sector da atención sociosanitaria a persoas no domicilio, outorgándose ó remate da mesma, o certificado de profesionalidade correspondente á especialidade.


ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO (Horario mañá)
•    Duración: 618 horas
•    Data inicio: 30 xuño



Cooperación
Concello de Lugo