Logotipo
Inicio > Novas > Concello e Deputación colaboran no asesoramen...

Concello e Deputación colaboran no asesoramento a emprendedores de Lugo

18/07/2014

 O día 22 preséntase o proxecto Dinamiz@te ós emprendedores instalados no CEI-Nodus

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, comunica que o vindeiro martes, día 22 de xullo, terá lugar a presentación do proxecto Dinamiz@te da Deputación provincial ós emprendedores instalados no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

null

 O Concello e a Deputación provincial colaboran deste xeito para poñer a disposición dos emprendedores do CEI-Nodus novas posibilidades de asesoramento que contribúan a que teñan éxito os seus proxectos empresariais.  


O obxecto do proxecto Dinamiz@te, para a dinamización do tecido produtivo de Lugo, é asesorar ás empresas de balde, para que poidan definir accións de reducido custo ou investimento e que lles repercutan a curto prazo nun incremento das vendas. 

Para elo facilítanse ós emprendedores distintas ferramentas que lles axudarán a facer máis rendible o seu proxecto empresarial. Entre outras medidas, ponse ó seu dispor asesoramento para abrir novos mercados e ofréceselles facer unha análise dos segmentos de cliente, os seus canais de venda, os seus medios de promoción on-line e off-line e se dispoñen de métodos de fidelización ou avaliación da percepción do cliente. 

A presentación do proxecto Dinamiz@te no CEI-Nodus correrá a cargo de técnicos da Deputación e terá lugar o martes que vén a partir das 10.30 horas.

Máis información:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion