Logotipo
Inicio > Novas > Publicadas as listas provisionais das persoas...

Publicadas as listas provisionais das persoas seleccionadas para participar no obradoiro de emprego Arqueo Lucus

19/08/2014

 Foron publicadas as listas provisionais de persoas admitidas no obradoiro de emprego “Arqueo Lucus”, que disporá de 23 prazas e desenvolverase durante seis meses nas instalacións do CEI-NODUS. 

  O Servizo Público de Emprego da Consellería de Traballo e Benestar Social foi o encargado de facer o proceso de preselección dos candidatos entre as persoas inscritas como demandantes de emprego, xa que este obradoiro de emprego lévase a cabo con financiamento autonómico. 


O obradoiro de emprego Arqueo Lvcvs terá como principal obxectivo a conservación e posta en valor dunha parte do rico patrimonio documental do Concello e que os alumnos adquiran a formación e destreza profesionais necesarias para acceder ao mercado laboral. Os 23 desempregados que participen continuarán co traballo realizado nos obradoiros de dixitalización do proxecto Urbs Lucus e Muralla Dixital.



Acta de seleccion provisional.pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion