Logotipo
Inicio > Novas > O Concello de Lugo aumenta un 30% o seu inves...

O Concello de Lugo aumenta un 30% o seu investimento en fomentar o emprego a través de obras para acondicionar a cidade

03/09/2014

 López Orozco presentou o Plan Mellora Lugo, dotado con 425.000 euros, que ten o dobre obxectivo de xenerar emprego e mellorar a cidade e que garantirá alomenos 20 postos de traballo.

null

 A Concelleira de Economía destaca que o Goberno local reforza o seu compromiso co emprego con este ambicioso plan, que terá cinco liñas de actuación e que se suma ós distintos programas de formación para parados que desenvolve o Concello de Lugo


O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Rosana Rielo, presentaron hoxe unha nova iniciativa do Concello de Lugo para favorecer o emprego e dinamizar a economía local. Trátase do Plan Mellora Lugo, que ten como obxectivo xenerar actividade económica e emprego ó tempo que se mellora a imaxe da cidade coa realización de obras de acondicionamento de zonas verdes e vías públicas e de mantemento de edificios e instalacións municipais.

O Alcalde explicou que o emprego é a principal prioridade para o Goberno local, por iso dende o Concello se están a desenvolver distintas iniciativas para mellorar a formación dos parados de Lugo, como son o programa Lugo Emprego Activo 2, que conta con financiación da Unión Europea, e o Obradoiro de Emprego Arqueo Lucus, subvencionado pola Xunta de Galicia, e ademais, a Administración municipal volverá a levar a cabo un plan de obra pública, herdeiro do PILES e o SELFE, para xenerar traballo e acondicionar a cidade. 

O Concello investirá 425.000 euros grazas o Plan Mellora Lugo, o que supón reforzar económicamente esta programa municipal de emprego e de adecentamento da cidade, xa que o seu orzamento será superior nun 30% o que tivo a última edición do Plan SELFE, que contou cunha dotación económica de 325.000 euros, e un 77% máis que hai dous anos, cando a Institución municipal investiu 240.000 euros. 

Con este ambicioso programa, o Concello vai poñer en marcha cinco liñas de actuación, cada unha delas dotada con 85.000 euros, nas áreas de Medio Ambiente, Educación, Deportes, Zona Rural e Infraestruras. Concretamente vanse realizar actuación de acondicionamento de zonas verdes, arranxo e reparación de colexios, mantemento e reparación de instalacións deportivas e mantemento, sinalización e pavimentación na zona rural e na rede viaria municipal. 

O Goberno local ten previsto aprobar mañá a licitación das catro primeiras liñas de actuación correspondentes ás áreas de Educación, Deportes, Zona Rural e Infraestruturas e en breve aprobarase o prego correspondente a Medio Ambiente. 

A Concelleira de Economía destacou que, grazas ó Plan Mellora Lugo garantiranse alomenos 20 postos de traballo durante seis meses, aínda que a cifra será probablemente maior xa que o emprego é o principal criterio que se vai valorar para a  adxudicación dos distintos proxectos. 

Rosana Rielo explicou que o Goberno local considera que, neste momento, é moi importante tanto a creación de novos postos de traballo como o mantemento dos xa existentes e, por este motivo, as empresas deberán ofrecer un mínimo de 2 postos de traballo de nova creación e o mantemento doutros 2 empregos. 

Rielo lembrou, tamén, que na anterior edición esta iniciativa municipal garantiu 26 postos de traballo no tempo que duraron os traballos feitos polas empresas contratadas polo Concello ó abeiro do Plan SELFE 2.



OBRAS PLAN MELLORALUGO 2014.pdf

Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion