Logotipo
Inicio > Novas > Certame Nacional de Mozos Emprendedores 2014

Certame Nacional de Mozos Emprendedores 2014

08/09/2014

 Os 10 primeiros seleccionados recibirán unha axuda económica de 25.000 euros.

O INJUVE convoca o Certame Nacional de Mozos Emprendedores 2014 para apoiar mozos que lideran proxectos innovadores, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun, con independencia do sector no que se promovan.

null

 Aos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha axuda económica de 25.000 euros.


O Certame Nacional de Mozos Emprendedores vai dirixido a mozos que non superen a idade de 35 anos, na data límite de presentación de solicitudes, de nacionalidade española ou con residencia legal en España. Poderán presentarse tanto persoas físicas como xurídicas, sendo neste último caso o representante legal que presente a solicitude quen debe cumprir o requisito da idade, así como que o capital social da empresa debe ser maioritariamente (51%) de mozos que non superen esa idade.

O prazo de presentación estará aberta dende o 22 de agosto ata o 10 de setembro (ambos os dous incluídos).

Onde presentar as solicitudes:
No Rexistro Xeral do Instituto da Xuventude (C/ José Ortega e Gasset, 71-28006 Madrid). Horario verán: de 8:00 a 15:00 de luns a venres; 9:00 a 14:00 os sábados.
Nos Rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Administración das Comunidades Autónomas, ou a dalgunha das entidades que integran a Administración Local.
Nas oficinas de Correos.
Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovacion