Logotipo
Inicio > Novas > Publicación das Base...

Publicación das Bases de Participación correspondentes a 3ª e 4ª fases do proxecto Lugo Emprego Activo 2

28/11/2014

O proxecto Lugo Emprego Activo 2 é un plan integral a favor do emprego dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo dentro do programa Adaptabilidade e Emprego.

Imaxen asociada a nova Ten como obxectivos facilitar o acceso e a reincorporación ao mundo laboral das persoas que sofren algún tipo de dificultade para integrarse ou reintegrarse nun mercado de traballo que debe estar aberto a todas e a todos.

As persoas que participan no proxecto entran a formar parte dun itinerario de inserción sociolaboral.

Consta de formación teórico-práctica, encamiñada a desenvolver as capacidades das persoas participantes e acadar un nivel axeitado de coñecementos para a súa inserción no mercado laboral.

Realízanse prácticas en empresas. Búscase que as persoas participantes poñan en práctica os coñecementos acadados para unha maior adaptación ás demandas das empresas.

Durante todo o proceso as beneficiarias e os beneficiarios disporán dunha orientación personalizada e dun seguimento continuado por parte dos profesionais do proxecto.

A preselección das persoas beneficiarias realizarase pola oficina do Servizo Público de Emprego, para cada unha das accións formativas,  tendo en conta os requisitos de participación establecidos.

O proxecto Lugo Emprego Activo 2 consta de dous itinerarios:

Itinerario A:
- Persoas desempregadas en xeral

Itinerario B:
- Mozos/as, menores de 30 anos
- Maiores de 45 anos
- Persoas desempregadas de longa duración
- Outros colectivos en risco de exclusión social

Accións formativas:

Itinerario A:
- Impresión dixital ( 440 horas )
- Coidador/a de persoas dependentes e enfermas de alzheimer (300 horas)
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio (600 horas)
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións (450 horas)
- Monitor/a de turismo activo (320 horas)
- Monitor/a de ludotecas (300 horas)

Itinerario B:
- Operacións básicas de cátering (400 horas)
- Operacións básicas de restaurante e bar (320 horas)
- Acabado de carpintería e moble (550 horas)
- Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas (240 horas)
- Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (490 horas)
-Técnico/a en transporte sanitario (385 horas)
- Elaborador/a de produtos lácteos (475 horas)
- Enquisador/a (350 horas)


· Bases de participacion FASES 3 4.pdf


Cooperación
Concello de Lugo