Logotipo
Inicio > Novas > Entre os días 4 e 9 ...

Entre os días 4 e 9 de maio celébranse diferentes actividades para conmemorar o Día de Europa

29/04/2015

Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá da programación de actividades previstas para conmemorar, un ano máis, o Dia de Europa, que se celebra o 9 de maio nos países membros.

Imaxen asociada a nova Por este motivo, o centro de información Europe Direct e o programa Lugo emprego Activo 2 cofinanciado polo Fondo Social Europeo programaron a IV Semana Europea do Emprego. Dirixidas aos asistentes dos programas europeos de inserción laboral vanse a realizar talleres de búsqueda activa de emprego os días 4, 5, e 6 de maio no Salón de actos do CEI-Nodus.

O xoves 7 de maio ás 9 horas comeza a Xornada Sobre Intercambio de boas prácticas no emprego “Actívate, fórmate, incorpórate” no que participarán entidades que tamén desenvolven programas de inserción sociolaboral cofinanciados polo Fondo Social Europeo, como poden ser Deputación de Cáceres, Concello de Vigo, Concello de Ourense ou Deputación de Lugo. O lugar de celebración será no salón de actos do CEI-Nodus e está dirixido a técnicos.

A partir das 12 horas terá lugar a xornada aberta ao público en xeral no que se expoñen dous dos proxectos, o Imos traballar do Concello de Vigo, e o Lugo Emprego Activo 2 do Concello de Lugo. A continuación, o artista e psicólogo Luis Boyano, ofrecerá unha ponencia motivacional baixo o título Yo “empleo” la ilusión. A asistencia é libre ata completar aforo.

O día 8 de maio impartirase un taller de busca activa de emprego a través das redes sociais e un taller sobre a Red Eures para un máximo de 80 persoas previa inscrición no CEI-Nodus. Este mesmo día, na Praza Maior, instalarase entre as 17 e as 20 horas unha mesa informativa sobre asuntos relacionados coa Unión Europea e no que haberá actividades e xogos dirixidos aos nenos e nenas.

As actividades culminan o propio sábado 9 de maio, Dia de Europa, cun acto institucional na Praza Maior e a instalación da mesa informativa con actividades para os máis pequenos.


· INSCRICION SEMANA EMPREGO.pdf


Cooperación
Concello de Lugo