Inicio > Novas > Semana Europea do em...


Semana Europea do emprego

12/05/2015

Unha xornada sobre emprego reúne técnicos de programas europeos que se desenvolven en Lugo, Vigo, Ourense e Cáceres.

Imaxen asociada a nova O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, deron a benvida aos participantes nunha xornada sobre intercambio de boas prácticas que reuniu o día 7 de maio en Lugo a técnicos/ás de proxectos de inserción laboral cofinanciados pola Unión Europea.

Na súa intervención o Alcalde animou os participantes a que esta reunión na que se contrastan experiencias, sirva de estímulo no labor de axudar ás persoas desempregadas a inserirse no mercado laboral.

"Seguiremos facéndoo mentres nos deixen" anunciou o Alcalde, en referencia aos cambios lexislativos que recortan competencias aos concellos en materia de emprego, e detallou que no concello de Lugo investiremos en emprego e seguiremos pedindo axudas tanto da Unión Europea da Xunta, o Goberno central, e dos empresarios co fin de actuar na formación e buscar nichos de emprego e de autoemprego".

A xornada titulada "Intercambio de boas prácticas" en emprego: actívate, fórmate, incorpórate, enmarcada dentro da Semana Europea do Emprego, foi un dos actos previos á conmemoración do Día de Europa, que se celebrou o sábado día 9 de maio e reuniu técnicos/ás dos proxectos: Lugo emprego activo 2 do Concello de Lugo, Isla de la Diputación Provincial de Cáceres, Inserta do Concello de Ourense, Imos traballar do Concello de Vigo, e Pacto polo emprego da Deputación de Ourense, todos eles cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e dirixidos á mellora da empregabilidade das persoas en situación de desemprego, especialmente das que máis dificultades teñen no acceso ao mercado de traballo.



Concello de Lugo