Inicio > Novas > O Concello de Lugo s...


O Concello de Lugo súmase á celebración do Día de Europa cun acto institucional celebrado na Praza Mayor

12/05/2015

O Alcalde, José López Orozco, presidiu o acto institucional organizado polo Concello para conmemorar o Día de Europa que se celebra como cada ano o 9 de maio. No acto ademais de membros da Corporación tamén participou o Eurodeputado socialista, José Blanco.

Imaxen asociada a nova Durante o acto institucional que festexou esta celebración levouse a cabo o izado da bandeira de Europa na Casa do Concello. Ademais, instalouse unha mesa informativa que durante toda a mañá informou aos cidadáns sobre a lexislación comunitaria e desenvolveronse actividades dirixidas ós nenos e nenas na Praza Maior.

Estas actividades puxeron o punto e final a unha semana de actividades relacionadas coa busca activa de emprego e a formación relacionadas co programa Lugo Emprego Activo 2 cofinanciado polo Fondo Social Europeo.



Concello de Lugo