Logotipo
Inicio > Novas > Mañá rematan dous do...

Mañá rematan dous dos cursos da última fase do programa Lugo Emprego Activo 2

22/05/2015

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, informa que o  venres 22 de maio remata un dos dous cursos de técnico en transporte sanitario e un curso de enquisador que forman parte da última fase do programa Lugo Emprego Activo 2, un plan integral a favor do emprego dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral.

Imaxen asociada a nova Nesta última fase que rematará no mes de agosto estanse desenvolvendo un total de 17 cursos. Ademais dos que rematan mañá impártense 15 que tratan sobre operacións básicas de cátering e impresión dixital que tamén rematan a finais do mes de maio e cursos de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, elaborador de produtos lácteos, atención sociosanitaria a persoas en institucións, acabado de carpintería e moble que rematan no mes de xuño.

Do mesmo xeito, os restantes cursos impartiranse ata a súa finalización en xullo e agosto como son cursos de técnico en transporte sanitario, operacións básicas de cátering, impresión dixital, monitor de ludotecas, atención sociosanitaria a persoas no domicilio, operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas, operacións básicas de restaurante e bar, coidador de persoas dependentes e enfermas de Alzheimer e monitor de turismo activo. En total máis de 220 alumnos desempregados están actualizando a súa formación de cara a súa entrada no mercado laboral a través deste cursos.  Ademais o número total de beneficiarios en todo o proxecto Lugo Emprego Activo 2 é de 550 alumnos e alumnas que participaron nas diferentes fases desta segunda edición.

Ademais as persoas que participan no proxecto entran a formar parte dun itinerario de inserción socio laboral con formación teórico práctica, encamiñada a desenvolver as capacidades das persoas participantes e acadar un nivel adecuado de coñecementos para a súa inserción no mercado laboral. O orzamento total do Lugo Emprego Activo é de 1.549.310 euros, financiados polo Fondo Social Europeo nun 80% e o Concello de Lugo nun 20%.



Cooperación
Concello de Lugo