Inicio > Novas > Concurso de Fototogr...


Concurso de Fototografía 'Cidadáns Europeos en Galicia'

05/05/2016

Publicados os premios do Concurso “Cidadáns europeos en Galicia: as vantaxes de ser cidadán europeo”

Imaxen asociada a nova

Con motivo do Día de Europa a rede de centros Europe Direct de Galicia (Europe Direct do Concello de Lugo, Europe Direct da Deputación da Coruña e Europe Direct da Cámara de comercio de Ourense), organizou por terceiro ano consecutivo o III Concurso de fotografía “Cidadáns europeos en Galicia” con motivo dos 30 anos da incorporación de España á Unión Europea que tivo lugar o 1 de xaneiro de 1986, levou por lema “As vantaxes de ser cidadán europeo"

O xurado do concurso, composto por sete membros ( 2 representantes de cada un dos centros e un experto en fotografía), deu a coñecer no día de hoxe as persoas gañadoras de esta edición do concurso.

Europe Direct Lugo:
Primeiro premio:
“Longa vida á bubela” de Cristina Dans Iglesias

Segundo premio:
"Civilización e natureza” de Alba Pernas Rega

Europe Direct A Coruña:
Primeiro premio:
“Una Comunidad que te da alas” de Emma Alonso González

Segundo premio:
“Vida de dúas mozas europeas” de Mercedes Sabel de Estal.

Europe Direct Ourense:
Primeiro premio:
“O espazo Schengen e a libre circulación de persoas” de Hugo Vázquez Varela.

Segundo premio:
 “Progreso” de Olalla Rodríguez Soutullo.

Os premios serán entregados o vindeiro día 9 de maio coincidindo coa celebración do Día de Europa.



Concello de Lugo