Inicio > Novas > Premio Europeo Carlo...


Premio Europeo Carlos V: Sofia Corradi

09/05/2016

Sofia Corradi é a segunda muller que recibe o Premio Europeo Carlos V en recoñecemento a unha vida de estudos e esforzos para incrementar o nivel dos universitarios europeos. Con este premio, o xurado quixo recoñecer "a súa traxectoria e sobre todo a súa gran achega e contribución ao proceso de integración europea a través da concepción e posta en marcha da iniciativa ERASMUS da Unión Europea, así como polo seu traballo e desempeño en prol da mobilidade académica apostando polos novos estudantes europeos como garantía do mañá e do futuro de Europa".

Imaxen asociada a nova

Sofía Corradi (Roma, 1934) é licenciada en Dereito pola Universidade de Roma A Sapienza, completou os seus estudos e investigacións na Academia de Dereito Internacional da Unesco (París) e na London School of Economics. Durante máis de vinte anos foi directora científica da Oficina de Investigación da Conferencia de Reitores (CRUI) e catedrática de Educación na Universidade do Estado Roma Tre. Estudou na Escola Superior de Dereito da Universidade de Columbia en Nova York.

Os resultados do traballo iniciado por Sofía Corradi en beneficio do proceso de integración europea sentaron as bases para outras accións formativas similares de gran éxito que van máis aló das fronteiras europeas como Erasmus Mundus, e o actual programa da Unión Europea Erasmus Plus. A través do seu traballo e do programa Erasmus permitiu cambiar directamente a vida de case 3.5 millóns de estudantes europeos, de preto de 4.000 universidades, nos case 30 anos que leva de existencia (o programa foi creado en 1987), beneficiando ademais tamén ao persoal docente, e dunha maneira máis indirecta á contorna no que se moveron eses estudantes, promovendo cambios enormemente positivos na vida académica, social, cultural, formativa e económica europea desde a súa creación.

 Precedeulle no recoñecemento a francesa Simone Veil en 2008 por ser un un exemplo de defensa do social, de loita, de creatividade na súa facer e crear político. Nesta ocasión concédese o premio a unha académica que cambiou a maneira de ver Europa e de vivir na Unión Europea. Este galardón concédese a un dos grandes proxectos que fomentan a convivencia, a diversidade, o entendemento, a cooperación e os valores europeos, e o que é máis importante, axúdanos a eliminar esas barreiras mentais e estereotipos, que son o gran escollo ao progreso e á convivencia en paz dos europeos e de todos os que habitan o continente.



Concello de Lugo