Inicio > Novas > V Concurso Europa Ju...


V Concurso Europa Junior: ¿Como ven os nenos Europa?

18/05/2016

Dinos que supón para ti formar parte da Unión Europea e ser cidadán ou cidadá Europeo/a. Envíanos antes do 3 de xuño as túas opinións, debuxos, etc. Se a túa obra resulta elexida invitarémoste a presentárllela ás Institucións Europeas en España.

Imaxen asociada a nova A Asociación Europa Junior, coa colaboración da  Secretaría de Estado da UE e as Institucións Europeas en España, lanzaron a V Edición do Concurso '¿Como ven os nenos Europa?' dirixido a escolares de 6 a 12 anos. Este ano, coa temática "Crecendo como cidadáns europeos".

Os nenos poderán expresar a súa visión sobre o que supón formar parte da Unión Europea e ser cidadáns europeos, a través de debuxos, vídeos, cartas, escritos, cómics, contos, fotografías, murais e manualidades.

Pódense presentar as obras até  o 3 de xuño de 2016.  As propostas e ideas dos nenos serán entregadas ás Institucións Europeas.

Hai tres categorías de participación:

  •     Infantil (de 6 a 8 anos)
  •     Junior (de 9 a 12 anos)
  •     Escola Amiga de Europa.

A entrega de premios terá lugar na sede das Institucións Europeas en España.

As bases de participación e a información do concurso está dispoñible no blog Europ@ Junior (europajunior.blogspot.com).  É o primeiro blog sobre Europa para nenos e contén noticias sobre a Unión Europea e os seus países, tamén ligazóns a xogos, contos, material didáctico e recursos para profesores.

Europa Junior é unha asociación que achega a Unión Europea aos nenos a través dun proxecto educativo dirixido a escolares e profesorado. As súas principais actividades son: talleres na aula, recursos didácticos e proxectos europeos para centros de educación infantil e primaria.



Concello de Lugo