Inicio > Novas > Becas Culturex de fo...


Becas Culturex de formación práctica en xestión cultural

20/05/2016

Estas bolsas van dirixidas a rapaces e rapazas españolas coa finalidade de ofrecer formación práctica na xestión cultural en institucións culturais no exterior, na Embaixada de España en Marrocos e na Representación Permanente de España ante a UNESCO.

Imaxen asociada a nova

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España convoca as Bolsas Culturex correspondentes ao ano 2016.
Os participantes nestas bolsas recibirán unha dotación mensual cuxa contía dependerá do lugar de destino da bolsa elixida:

  • Londres e París: O importe bruto mensual será de mil oitocentos (1.800,00) euros.
  • Resto de destinos europeos e Marrocos: O importe bruto mensual será de mil catrocentos oitenta (1.480,00) euros.
  • Destinos de América e Asia: O importe bruto mensual será de dous mil cincuenta (2.050,00) euros.

Ademais desta dotación mensual, as bolsas Culturex ofrecen un seguro de accidentes e de asistencia médica primaria para cada un dos bolseiros.

Para optar a unha destas bolsas, tes que cumprir cos seguintes requisitos: Ter lanacionalidad española. Estar en posesión da titulación académica oficial de Licenciatura ou Grao universitario e estar en posesión dunha titulación de posgrao preferentemente en áreas afíns á xestión cultural.

Si estás interesado nesta convocatoria, podes conocer máis accedendo aquí.

O prazo para solicitar as bolsas Culturex remata o día 16 de xuño de 2016.



Concello de Lugo