08/06/2016
O Centro de Información Europea Europe Direct-Lugo organiza cinco talleres gratuítos sobre técnicas que axudan a mellorar a procura de emprego. Os talleres desenvolveranse no Espazo Lab a próxima semana, do 14 ao 17 de xuño, con ocasión da V Semana Europea do Emprego.
Estas actividades comezan o martes 14 de xuño co obradoiro As regras de Ouro para preparar un curriculum vitae atractivo, das 9:30 ás 13:30 horas. O mércores 15 terá lugar o curso Practicando o aprendido: O meu curriculum vitae, das 9:30 a as13:30 horas. Para o xoves 16 está previsto o taller Marca persoal e procura de emprego a través das redes sociais, das 9:30 ás 13:30 horas, e outro sobre A Rede Eures, o portal de busca de emprego en Europa, de 12:30 a13:30 horas. A programación finalizará o venres 17 co taller Como afrontar con éxito unha entrevista de traballo, de 9:30 a13:30 horas.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de solicitude a través do formulario de inscrición, que haberá que entregar no Rexistro xeral do Concello. O prazo ábrese hoxe e finaliza o día 11. Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982.29.74.73, ou acudir ao Espazo Lab, o Centro de Formación e Orientación Laboral do Concello de Lugo.