Inicio > Novas > Premio Unión Europea...


Premio Unión Europea de Patrimonio Cultural

13/06/2016

Europa Nostra organiza o Premio Unión Europea de Patrimonio Cultural, que foi lanzado no ano 2002 pola Comisión Europea. Trátase do premio máis prestixioso en Europa no campo do patrimonio.

Imaxen asociada a nova O Premio recoñece e promove as mellores prácticas en relación á conservación do patrimonio, a xestión, investigación, educación e comunicación. Deste modo, contribúe a un maior recoñecemento público do patrimonio cultural como recurso estratéxico para a sociedade e a economía europeas.
Prémiase a excelencia e dedicación de arquitectos, artesáns, expertos en patrimonio cultural, voluntarios, escolas, comunidades locais, propietarios de patrimonio e medios de comunicación. Os premios outórganse en 4 categorías:

- Conservación
- Investigación
- Dedicación especial de individuos ou organizacións
- Educación, formación e concienciación

Os premios son apoiados polo Programa Europa Creativa.
Ampliar información nas bases da convocatoria.

Requisitos

- Poden participar os países que forman parte do Programa Europa Creativa da Comisión Europea (España entre eles).

-A persoa que envie a participación debe ter unha relación directa co envío e contar co permiso do propietario/autor do estudo/proxecto/construción/lugar que opta ao premio.

Dotación

Cada ano, o premio recoñece até 30 logros patrimoniais destacados de toda Europa. Até 7 deles son seleccionados para recibir o Gran Premio e un deles recibe o Premio do Público. Todos os premiados reciben un certificado e unha placa ou trofeo. Ademais, os gañadores do Gran Premio reciben 10.000€ cada un.

EUROPA NOSTRA constituíuse no ano 1963, como entidade internacional de natureza estritamente cultural, agrupando a entidades dos distintos países europeos cuxos obxectivos fundamentais coinciden basicamente cos fins expresados nos seus estatutos.
Os aludidos fins poden sintetizarse nos seguintes puntos:

  • Espertar o orgullo dos pobos europeos cara ao seu patrimonio cultural e natural, a coincidencia sobre a importancia moral e social do mesmo, e o coñecemento dos perigos que o ameazan.
  • Fomentar o seu coñecemento, estudo, pedagoxía e difusión.
  • Facer as recomendacións pertinentes ao Consello de Europa, Gobernos Nacionais, etc.
  • Apoiar as actividades dos seus membros e asociados, promovendo a realización dos seus obxectivos.
A celebración desta campaña tivo a súa culminación na publicación da Carta Europea do Patrimonio Arquitectónico adoptada polo Comité de Ministros do Consello de Europa en setembro de 1975, documento solemnemente proclamado na Declaración do consello do Patrimonio Arquitectónico Europeo celebrado en Amsterdam en outubro do mesmo ano.
A proclamación da citada Carta Europea, supuxo un fito no desenvolvemento das políticas de conservación do Patrimonio Arquitectónico, establecendo as liñas esenciais da denominada conservación integrada, concepto fundamental que serviu de base para a elaboración polo Consello de Europa dunha doutrina específica de conservación, recollida nas declaracións, recomendacións e convenios adoptados durante este últimos trinta e cinco anos.



Concello de Lugo