Inicio > Novas > O PE busca protecció...


O PE busca protección para os produtores no pulso entre supermercados e agricultores

16/06/2016

Non todo parece funcionar á perfección na cadea de subministración de alimentos. Os agricultores aceptan o ditado das grandes cadeas de distribución por temor a que os seus produtos non se comercialicen. E, con frecuencia, ven obrigados a vender á perda.
As súas manifestacións en toda Europa mostran o seu grao de desesperanza. O Parlamento Europeo adoptou o 7 de xuño unha resolución que reclama lexislar para acabar con estas prácticas comerciais desleais.

Imaxen asociada a nova

O eurodeputado conservador polaco Edward Czesak explicou como funciona o mercado na entrevista que pode ver neste video.

Czesak criticou os "atrasos nos pagos dos produtos entregados", e fixo fincapé en que as cadeas de supermercados obrigan "aos vendedores a cargar con diversos custos de promocións, transporte e almacenamento". Un agricultor belga tamén explica no vídeo porqué vende os seus produtos por xunto e na tenda da súa propia explotación, en lugar de vendelos aos supermercados.

A resolución aprobada polo Parlamento Europeo (PE) reclama que a Comisión Europea presente propostas contra as prácticas comerciais desleais na cadea de subministración alimentaria. O documento do PE mantén que os sistemas voluntarios e de autorregulación cos que se afrontou estas prácticas arroxaron até agora resultados moi limitados.

Ingresos equitativos

Os eurodeputados defenden que os agricultores e os gandeiros deben lograr uns ingresos equitativos, e que a súa capacidade de negociación debe mellorar. Engaden que as relacións entre os produtos de alimentos, os provedores e os distribuidores deben ser xustas e transparentes. E subliñan que desta maneira garantirase aos consumidores unha oferta máis ampla para elixir. Tamén destacan que as prácticas comerciais leais deberían contribuír a evitar o exceso de produción e que se malgasten os alimentos.

A resolución de carácter non lexislativo foi aprobada con 600 votos a favor, 48 en contra e 24 abstencións.



Concello de Lugo