Inicio > Novas > Como é de innovador ...


Como é de innovador o teu país?

21/07/2016

A Comisión publicou os resultados de 2016 do Cadro europeo de indicadores da innovación, do Cadro de indicadores da innovación rexional e do Innobarómetro.

As principais conclusións é que a innovación na UE se vai aproximando á do Xapón e á dos Estados Unidos, que Suecia volve ser líder en innovación e que Letonia é agora o país onde máis rapidamente progresa a innovación.

Imaxen asociada a nova

As principais conclusións deste tres informes publicados hoxe son as siguentes:
  • Suecia é unha vez máis líder da UE en innovación, seguida de Dinamarca, Finlandia, Alemaña e os Países Baixos.
  • En áreas de innovación determinadas, os líderes da UE son: Suecia: recursos humanos e calidade da investigación académica; Finlandia: condicións marco financeiras; Alemaña: investimento privado en innovación; Bélxica: redes de innovación e colaboración; Irlanda: innovación nas pequenas e medianas empresas.
  • Os países onde máis rapidamente progresa a innovación son Letonia, Malta, Lituania, os Países Baixos e o Reino Unido.
  • Nos países de moderada innovación existen tamén núcleos regionlas de innovación: Piamonte e Friul-Venecia Julia en Italia, o País Vasco en España e Bratislava en Eslovaquia.
  • Xeralmente, o principal factor para converterse nun líder de innovación é a implantación dun sistema de innovación equilibrado que combine un nivel adecuado de investimentos públicos e privados, asociacións de innovación eficaces entre empresas e entidades docentes, así como unha sólida base educativa e investigación de excelente calidade. O impacto económico da innovación debe manifestarse en termos de vendas e exportacións de produtos innovadores e tamén de emprego.
  • A especialización en tecnoloxías facilitadoras esenciais aumenta o rendemento da innovación rexional, especialmente nos ámbitos dos materiais avanzados, a biotecnoloxía industrial, a fotónica e as tecnoloxías avanzadas de fabricación.
  • Nos dous próximos anos, espérase unha mellora do rendemento da innovación na UE. A maioría das empresas teñen previsto manter ou aumentar o nivel de investimento en innovación durante o ano próximo. As empresas de Romanía, Malta e Irlanda son as que máis probabilidade teñen de aumentar o seu investimento en innovación o ano próximo.

Contexto 

Un informe recente titulado «Science, research and innovation performance of the EU» (Ciencia, investigación e rendemento da innovación na UE) establece unha clara relación entre o crecemento da UE e os investimentos en investigación e innovación, e destaca a importancia de manter un esforzo continuado para aumentar o investimento neste ámbito. Pode obterse máis información sobre as accións da Comisión destinadas a apoiar a innovación na última sección de Preguntas frecuentes.

A edición anual do Cadro europeo de indicadores da innovación ofrece unha avaliación comparativa do rendemento da investigación e a innovación dos países da UE e de terceiros países seleccionados. O informe de 2016 inclúe, por primeira vez, unha sección prospectiva centrada na evolución recente, as tendencias e os cambios previstos.
O Cadro de indicadores da innovación rexional é unha extensión rexional do Cadro europeo de indicadores da innovación na que se avalía o rendemento da innovación das rexións europeas.
O Innobarómetro indica as tendencias e actitudes recentes nas actividades das empresas relacionadas coa innovación nos países da UE, así como en Suíza e os Estados Unidos.



Concello de Lugo