Inicio > Novas > A Comisión Europea p...


A Comisión Europea propón a cancelación da multa a España e Portugal polo incumprimento do obxectivo de déficit

28/07/2016


A proposta de multa quedará automaticamente cancelada salvo que unha maioría cualificada de países rexeite a recomendación da Comisión nun prazo de dez días.

Imaxen asociada a nova

Segundo ditaminou o Consello o 12 de xullo de 2016, nin España nin Portugal tomaron medidas efectivas para corrixir o seu obxectivo de déficit, polo que a Comisión Europea estaría legalmente obrigada a presentar ao Consello unha proposta de multa dentro dos seguintes 20 días.
A cantidade predeterminada establecida pola lexislación é do 0,2% do PIB, é dicir, máis de 2.000 millóns de euros no caso español. Esta cantidade podería ser reducida por razóns alegadas de circunstancias económicas excepcionais ou por unha solicitude motivada do Estado membro. España e Portugal presentaron ditas solicitudes.

A día 27 de xullo a Comisión - recoñecendo as solicitudes motivadas, os esforzos de reforma de ambos os países e os seus compromisos para cumprir coas normas do Pacto de Estabilidade e Crecemento - recomenda ao Consello a cancelación da multa e o establecemento de novos camiños fiscais para ambos os países.
España deberá poñer fin ao actual déficit excesivo en 2018, mentres que Portugal farao en 2016.

A proposta de multa a España quedará automaticamente cancelada salvo que unha maioría cualificada de países rexeite a recomendación da Comisión nun prazo de dez días, xa que o Consello non está vinculado por estas recomendacións, senón que deberá aprobar, modificar ou rexeitar estas propostas.



Concello de Lugo