Inicio > Novas > O 15 de agosto final...


O 15 de agosto finaliza o prazo para participar no concurso de fotografía A miña cidade EEA

02/08/2016

 

A obra gañadora recibirá un premio de 1.000 euros en metálico

Imaxen asociada a nova

 

Trátase dun concurso organizado pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA), onde se convida a participar a cidadáns europeos e dos países membros da EEA e países cooperantes do oeste dos Balcáns, a partir de 18 anos de idade, para compartir o que significa a súa contorna urbana para eles. Os participantes poden elixir para representarlles unha cidade europea da súa elección para contar unha historia positiva ou negativa a través das súas fotos.

Os participantes poden centrarse nunha das seguintes tres categorías:

- O estilo de vida sustentable nunha cidade

- Como moverse nunha cidade

- O tempo libre nunha cidade

Os gañadores do concurso recibirán un premio en metálico de 1.000 euros en cada categoría e 500 euros polo Premio do Público e o Premio da Mocidade. O Premio da Mocidade será outorgado á obra gañadora, seleccionada entre as presentadas por persoas de idades comprendidas entre 18 e 24 anos (nadas entre os anos civís 1992-1998) en calquera das categorías do concurso. 

Presentaranse todas as obras dos finalistas para o Premio do Público e terán tamén a posibilidade de ofrecer no futuro material dixital e de impresión da EEA e dos seus socios europeos.

A votación pública desenvolverase do 12 setembro ao 15 outubro de 2016.

Os participantes poden presentar ata cinco obras antes do 15 de agosto de 2016 ás 23:59 CEST. 


Para máis información: http://bit.ly/1S4DVwf



Concello de Lugo