Inicio > Novas > O Parlamento Europeo...


O Parlamento Europeo ofrece material audiovisual histórico na serie 40 anos de

11/08/2016

A web do Parlamento Europeo presentou durante o parón estival da actividade parlamentaria a serie “40 anos de…”, unha recompilación do seu arquivo audiovisual con material oficial sobre líderes europeos históricos, as eleccións europeas desde 1976, os fitos no diálogo cultural e relixioso e as sesións solemnes máis destacadas da historia no Pleno do Parlamento.

Imaxen asociada a nova

“40 anos de eleccións europeas” fai un repaso ás 8 eleccións celebradas na Unión Europea ata o momento en 1979, 1984, 1989, 1994, 1999, 2004, 2009 e 2011. Por cada ciclo electoral presenta anuncios, eslóganes, carteis e fotografías dos candidatos e gañadores de toda a UE.

“40 anos de líderes europeos” inclúe perfís de 30 líderes representativos de diferentes etapas da UE desde Margaret Thatcher en 1981, Felipe González en 1989 ou Boris Yelsin en 1991, ata Jacques Chirac en 1999, Tony Blair en 2005 e Alexis Tsipras en 2015, entre outros.

“40 anos de diálogo cultural e relixioso”, a través de 15 fitos e personaxes da cultura e a relixión europea, ofrece fotografías e vídeos do Papa Xoán Paulo II, a Orquestra Xuvenil da UE, os premios de cinema Lux Prize ou a visita ao Parlamento Europeo de personaxes destacados  nestas áreas como Dalai Lama, o Papa Francisco ou Richard Gere.

“40 anos de sesións solemnes” no Parlamento Europeo recolle 24 discursos que figuras destacadas a nivel europeo e internacional ofreceron no Pleno da Cámara Baixa. Entre eles atópase o da Raíña Beatriz en 1984, o Rey Juan Carlos I en 1986, Yasser Arafat en 1993, Evo Morales en 2006 ou Ban Ki-Moon en 2010, entre outros.



Concello de Lugo