Inicio > Novas > O Programa Media cum...


O Programa Media cumpre 25 Anos

19/08/2016

MEDIA é un subprograma de Europa Creativa deseñado para apoiar o cinema europeo e outras industrias audiovisuais. Proporciona fondos para o desenvolvemento, promoción e distribución de obras europeas non só dentro do territorio de Europa senón máis aló. Ofrece axudas en varios sectores:

Imaxen asociada a nova

  • Iniciativas para promocionar a distribución de obras e o seu acceso aos mercados
  •  Iniciativas para o desenvolvemento de proxectos ou paquetes de proxectos (slate funding)
  • Apoio á produción de programas de televisión ou videoxogos
  • Actividades para incrementar o interese e mellorar o acceso ás obras audiovisuais
  • Actividades para promocionar o interese en películas así como redes de cinema ou festivais cinematográficos
  • Medidas que faciliten a co-produción internacional e reforcen a circulación e distribución das obras
  • Actividades para construír habilidades e capacidades nos sectores profesionais do mundo audiovisual

Este ano celébrase o 25º aniversario de MEDIA que se iniciou en 1991 axudando aos talentos europeos a traballar xuntos a través das fronteiras. Unha rede de expertos independentes selecciona as mellores historias cada ano entre miles de competidores.


Do 19 ao 25 de setembro compartirán interesantes contidos na súa página web e redes sociais. 

¡No te lo pierdas!

www.oficinamediaespana.eu
www.facebook.com/oficinamediaespana
www.twitter.com/oficinamediaesp



Concello de Lugo