Inicio > Novas > Aberto o prazo para ...


Aberto o prazo para solicitar prácticas remuneradas no Parlamento Europeo

23/08/2016

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o próximo 15 de outubro

Imaxen asociada a nova

 O Parlamento Europeo acaba de abrir o prazo de solicitude das bolsas Robert Schuman, que ofrecen a cidadáns de toda a UE a posibilidade de traballar nesta institución e nun ambiente multicultural en ámbitos como a comunicación, a política e a administración. As candidaturas deben presentarse como moi tarde o 15 de outubro deste ano a través do seguinte enlace

Os solicitantes deben ser titulados universitarios e poden optar por diferentes modalidades de prácticas remuneradas, dende a xeral ata a de xornalismo ou a "Premio Sájarov", un programa dedicados ao traballo do Parlamento no referente a dereitos humanos. A duración das bolsas é de cinco meses. É obrigatorio posuír un coñecemento perfecto dunha das linguas oficiais da UE e os candidatos quedarán excluídos se xa tiveron algún período de prácticas ou contratos remunerados de máis de catro semanas consecutivas a cargo do orzamento comunitario. 

Os candidatos seleccionados comezarán o seu periódo de prácticas o 1 de marzo de 2017. 



Concello de Lugo