23/08/2016
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o próximo 15 de outubro
O Parlamento Europeo acaba de abrir o prazo de solicitude das
bolsas Robert Schuman, que ofrecen a cidadáns de toda a UE a posibilidade de traballar nesta institución e nun ambiente multicultural en ámbitos como a comunicación, a política e a administración. As candidaturas deben presentarse como moi tarde o 15 de outubro deste ano a través do
seguinte enlace.
Os solicitantes deben ser titulados universitarios e poden optar por diferentes modalidades de prácticas remuneradas, dende a xeral ata a de xornalismo ou a "Premio Sájarov", un programa dedicados ao traballo do Parlamento no referente a dereitos humanos. A duración das bolsas é de cinco meses. É obrigatorio posuír un coñecemento perfecto dunha das linguas oficiais da UE e os candidatos quedarán excluídos se xa tiveron algún período de prácticas ou contratos remunerados de máis de catro semanas consecutivas a cargo do orzamento comunitario.
Os candidatos seleccionados comezarán o seu periódo de prácticas o 1 de marzo de 2017.