Inicio > Novas > O discurso sobre o E...


O discurso sobre o Estado da Unión terá lugar o próximo 14 de setembro

06/09/2016

 A intervención de Jean-Claude Juncker fixará as prioridades da Comisión para o curso político que comeza

Imaxen asociada a nova

 O vindeiro 14 de setembro terá lugar un dos momentos clave que marca a volta do curso político na UE, o discurso sobre o Estado da Unión, a través do cal o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, explicará ante o pleno do Parlamento Europeo as prioridades da Comisión Europea para o curso 2016-2017. 

O discurso sobre o Estado da Unión 2016 centrarase en primeiro lugar en mostrar como traballou a Comisión Europea ao longo de 2015-2016 e o nivel de cumprimento dos obxectivos que o presidente Juncker se fixou xustamente hai un ano no seu discurso sobre o Estado da Unión 2015. Despois centrarase en explicar os retos e os obxectivos de traballo da Comisión Europea para o curso político 2016-2017. Unha vez finalizado o discurso do presidente, o deputados do Parlamento Europeo iniciarán a quenda de resposta. 

Os interesados poderán seguir o debate pola páxina da Comisión Europea e contribuír ao debate directamente en Twitter, coa etiqueta #SOTEU.

+info



Concello de Lugo