Inicio > Novas > Dez cousas que debes...


Dez cousas que debes saber do pleno de setembro: estado da UE, emisiĆ³ns, Polonia

20/09/2016

O populismo, o desemprego e a inxustiza social son algúns dos principais retos para a UE, segundo reconocidó o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, no seu discurso anual.

Imaxen asociada a nova

 O debate sobre o estado da UE co presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, dominou a sesión plenaria da Eurocámara, que se celebrou do 12 ao 15 de setembro en Estrasburgo (Francia), na que tamén se falou das emisións dos coches e do Estado de dereito en Polonia. Os eurodeputados recibiron ademais ao líder tibetano Dalái Lama e deron o seu apoio á decisión da Comisión Europea sobre Apple en Irlanda.

O populismo, o desemprego e a inxustiza social son algúns dos principais retos para a UE, segundo reconocidó o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, no seu discurso anual sobre o estado da Unión do 14 de setembro ante o pleno do Palamento Europeo. Nas súas reaccións, os líderes dos grupos políticos e outros eurodeputados centráronse na crise dos refuxiados, o brexit e a loita contra o terrorismo. Algúns pediron unha intervención máis grande para impulsar o crecemento e o emprego. O debate tamén foi cuberto en Storify.

Os eurodeputados debateron o martes a reforma do Tribunal Constitucional de Polonia, e ao día seguinte adoptouse unha resolución na que se pedía ao Goberno polaco que resolva a crise institucional e atope un compromiso, en liña coas recomendacións da Comisión.

A comisaria europea de Competencia, Margrethe Vestager, obtivo o mércores un amplo apoio dos eurodeputados á súa decisión de ordenar a Irlanda a recuperación de 13.000 millóns de euros polas vantaxes fiscais indebidas que o país concedeu a Apple.

Nunha resolución aprobada o martes, o Parlamento sinala que a comisión de investigación sobre a fraude das emisións segue á espera de documentos sobre os sistemas de medición e detalles do grupo de traballo sobre os procedementos de aprobación dos vehículos. O informe final espérase para a primavera de 2017.

O mércores o Parlamento aprobou un acordo polo que se permite un acceso libre de impostos á UE a produtos procedentes de Namibia, Mozambique, Botswana, Swazilandia e Lesotho. Este cambio mellorará tamén o acceso ao mercado europeo en África do Sur.

O Parlamento rexeitou o mércores un borrador lexislativo deseñado pola Comisión Europea para protexer aos investidores comerciantes polo miúdo, ao considerar que "contén erros" e non cumpre o requisito de ofrecer información "precisa, imparcial, clara e non enganosa". Segundo os eurodeputados, o texto podería mesmo carrexar perdas aos investidores, polo que o devolveu á Comisión para que o revise.

O Parlamento Europeo apoiou o xoves a candidatura do británico Julian King como novo comisario de Seguridade. King foi proposto polo Goberno do Reino Unido para substituír ao comisario Jonathan Hill, quen dimitiu en xuño tras o referendo sobre a saída do país da UE.

Tras as ameazas de peche das fábricas de Caterpillar and Alstomi en Bélxica e Francia, respectivamente, os eurodeputados dixeron o mércores que Europa necesita unha estratexia industrial para o futuro e lamentaron a falta de visión a longo prazo para a industria europea.

O presidente do Parlamento, Martin Schulz, ofreceu unha entrevista en directo en Facebook o martes, na que pidio que aplicar unha fiscalidade máis xusta para as multinacionais e loitar contra o desemprego xuvenil deberían ser prioridades para a UE.

O Dalái Lama visitou a Eurocámara o xoves para reunirse co presidente Schulz e logo cos membros da comisión de Exteriores.



Concello de Lugo