Inicio > Novas > A Conferencia de Rex...


A Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas pide que a ampliación do Plan Juncker se aplique simultáneamente aos fondos da Política de Cohesión.

22/09/2016

 A rede de rexións atlánticas, das que Galicia forma parte, chama a atención sobre a necesidade de cooperar coas autoridades locais e rexionais na xestión destes fondos

Imaxen asociada a nova

 A Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM), organismo do que Galicia forma parte e que traballa polo desenvolvemento da dimensión marítima de Europa, recolle con satisfacción o anuncio da Comisión Europea de ampliar o Plan de Investimentos para Europa, coñecido como Plan Juncker, pero pide que este se poña en práctica sen menoscabo da política de cohesión. Para a CRPM, a Comisión Europea debe desenvolver a estratexia europea para favorecer o investimento a longo prazo contando tanto coa Política de Cohesión como co Fondo Europeo para os Investimentos Estratéxicos (EFSI, polas súas siglas en inglés).

A CRPM amósase satisfeita por este anuncio indica que en ningún caso o Plan Juncker debe usarse como unha alternativa da política de cohesión. Esta debe seguir sendo, segundo un comunicado da entidade, "a pedra angular da elaboración das políticas da UE para a cohesión económica, social e territorial de todas as rexións de Europa". 

O presidente da CRPM, Vasco Cordeiro, asegura que "un plan europeo para o investimento, que sexa realmente integrado e aborde as disparidades rexionais en termos de ingresos, sanidade e oportunidades, ten que conxugar as vantaxes da Política de Cohesión e o potencias do FEIS para os investimentos estratéxicos. Ademais, estes deben ligarse ás prioridades da UE, cmo a economía marítima, un sector forte e dinámico".

Por outra banda, a CRPM tamén valora de xeito positivo o anuncio de crear un novo plan de investimento exterior europeo (PIE) dedicado a África e aos países veciños da UE e que permitirá estimular o crecemento e as oportunidades económicas destes países. Estes obxectivos serán alcanzados, insisten dende a CRPM, na medida en que as autoridades locais e rexionais participen na súa posta en práctica. 

A Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM)

A CRPM é un organismo independente que se comunica coas institucións europeas e gobernos nacionais para que as necesidades e intereses das súas rexións membros sexan tidos en conta en todas as políticas que teñen fortes impactos territoriais. A súa acción concéntrase en todas aquelas políticas que teñen un forte impacto territorial, como os transportes, a agricultura e o desenvolvemento rural, investigación e desenvolvo emprego e inclusión social. Paralelamente, traballa na valorización da dimensión marítima de Europa, subliñando a importancia dunha política marítima integrada, dunha maior rexionalización da Política Pesqueira Común á vez que unha seguridade marítima que responda ao crecente número de trafico sobre os océanos.



Concello de Lugo