Inicio > Novas > Papeis de Panamá: os...


Papeis de Panamá: os xornalistas que destaparon o escándalo comparecen ante o Parlamento

27/09/2016

 A comisión parlamentaria que investiga o escándalo dos denominados "papeis de Panamá?, o armazón de sociedades creadas en paraísos fiscais para evadir impostos, comeza o seu traballo o martes 27 de setembro, coa comparecencia dos xornalistas que destaparon a trama, membros do Consorcio Internacional de Xornalismo de Investigación. A cita prodúcese despois de saberse que a ex vicepresidenta da Comisión Europea Neelie Kroes administrou unha sociedade opaca en Bahamas.

Imaxen asociada a nova

O martes desde as 9:00 da mañá, hora peninsular española, a comisión que investiga os papeis de Panamá recibirá aos xornalistas que axudaron a dar a coñecer este escándalo, entre eles Frederik Obermaier do diario alemán Süddeutsche Zeitung e Kristof Clerix da revista belga Knack.??Siga o debate en directo e consulte o programa da sesión.
Programa de traballo da comisión

Tras a audiencia, cara ás 11:30 da mañá, hora peninsular española, presentarase o programa de traballo que seguirá a comisión de investigación. O presidente da comisión de investigación, o popular alemán Werner Langen, e os dous eurodeputados encargados de elaborar o informe parlamentario, o socialdemocrata danés Jeppe Kofod e o demócrata liberal checo Petr Je?ek, serán os encargados de explicar o programa.
Siga a conferencia de prensa en directo.

Os papeis de Panamá

Os denominados papeis de Panamá comprenden 11,5 millóns de documentos filtrados aos medios de comunicación de todo o mundo ofrecen información detallada sobre máis de 214.000 empresas domiciliadas en xurisdicións fiscalmente opacas en máis de 200 países utilizadas políticos, empresarios, delincuentes e figuras públicas para evadir impostos.

O que recibiu a filtración foi o citado Frederik Obermaier do diario alemán Süddeutsche Zeitung, pero debido á gran cantidade de material, a publicación pediu axuda ao Consorcio Internacional de Xornalismo de Investigación para que axudasen a procesar os datos.

Os primeiros artigos foron publicados o 3 de abril de 2016.

O Parlamento Europeo decidiu establecer unha comisión de investigación para detectar posibles infraccións por parte da Comisión ou os Estados membros da lexislación comunitaria sobre branqueo, evasión e elusión fiscal.

A comisión conta con 65 membros e terá 12 meses para presentar o seu informe final, até o 8 de xuño de 2017. Se se considera necesario o seu mandato pode ser prolongado tres meses en dúas ocasións, é dicir, un máximo de medio ano.

O 21 de setembro, o Consorcio Internacional de Xornalismo de Investigación publicou nova información sobre compañías rexistradas en Bahamas. Entre os nomes que saíron a luz está o da ex vicepresidenta da Comisión Europea Neelie Kroes, quen administrou unha sociedade opaca en Bahamas entre 2000 e 2009 cando era comisaria de Competencia sen comunicarllo á institución.

O traballo do Parlamento

Lograr unha fiscalidade equitativa na Unión Europea é unha das principais prioridades do Parlamento Europeo. Foino mesmo desde antes dos escándalos provocados polas filtracións de LuxLeaks e dos papeis de Panamá. Desde a crise económica e financeira, os eurodeputados impulsaron a transparencia e o control das prácticas dubidosas. Lea os nosos artigos sobre o labor da Eurocámara.

O Parlamento creou dúas comisións sobre os acordos fiscais entre Estados membros e multinacionais a raíz do escándalo LuxLeaks. O informe final da segunda destas dúas comisións foi aprobado na sesión plenaria de xullo de 2016.

A decisión da Comisión Europea de pedir a Irlanda que recupere 13.000 millóns de euros da empresa Apple por conceder á compañía vantaxes fiscais indebidas foi discutida no pleno do 14 de setembro. Durante o debate a comisaria europea de Competencia Margrethe Vestager, responsable da decisión sobre Apple, recibiu un amplo apoio dos eurodeputados.



Concello de Lugo