Inicio > Novas > Premio Sájarov á Lib...


Premio Sájarov á Liberdade de Conciencia 2016: quen son os candidatos ao Premio deste ano?

14/10/2016

O gañador será seleccionado polo Presidente do Parlamento Europeo e os líderes dos grupos políticos da Eurocámara o 27 de outubro. A cerimonia de entrega do galardón celebrarase en Estrasburgo o 14 de decembro

Imaxen asociada a nova  O Premio Sájarov á Liberdade de Conciencia 


Este galardón, que concede cda ano a Eurocámara, foi creado en 1988 para recompensar ás personalidades ou colectivos que se esforzan por defender os dereitos humanos e as liberdades fundamentais. O ano pasado o garldón recaeu no bloguero saudita Raif Badawi.
Os nomeamentos iniciais ao Premio Sájarov poden facelas grupos políticos ou polo menos corenta eurodeputados. Logo, as comisións parlamentarias de Desenvolvemento e de Asuntos Exteriores elixen mediante unha votación ao tres finalistas. A elección do galardoado recae na Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo.

O Parlamento Europeo defende os dereitos humanos 

O respecto dos dereitos humanos é un dos valores fundamentais da Unión Europea. Calquera vulneración destes dereitos, tanto se se produce dentro da UE como fóra, dana os principios democráticos nos que se basea a nosa sociedade. O Parlamento Europeo combate estas vulneracións a través da súa acción lexislativa, por exemplo, coas misións de observación electoral, os debates mensuais sobre dereitos humanos en Estrasburgo e a incorporación dos dereitos humanos nos seus acordos en materia de comercio exterior.

Ademais, o Parlamento Europeo apoia os dereitos humanos mediante o Premio Sájarov á Liberdade de Conciencia, creado en 1988. Este premio concédese a persoas que contribuíron de maneira excepcional á loita polos dereitos humanos en todo o mundo e chama a atención sobre as violacións dos dereitos humanos, ademais de apoiar aos galardoados e a súa causa.

Can DÜNDAR e os defensores da liberdade de conciencia e de expresión en Turquía 

Can Dündar foi o redactor xefe do principal xornal da oposición turca, Cumhuriyet, e converteuse nun símbolo da resistencia fronte á actual represión contra os medios de comunicación en Turquía. Foi detido tras publicar o devandito rotativo unha gravación mostrando unha entrega de armas aos rebeldes sirios polo servizo nacional de intelixencia turco. Dündar foi condenado a prisión, sobreviviu a un intento de asasinato e actualmente vive no exilio.

Mustafa DZHEMILEV 

Mustafa Dzhemilev presidiu o Parlamento dos tártaros de Crimea antes de ser elixido deputado ao Parlamento ucraíno. Dzhemilev dedicou a súa vida á loita non violenta en favor dos dereitos humanos e das minorías, da liberdade de expresión e da dignidade das persoas. Dzhemilev é un símbolo da loita pola liberdade fronte ao totalitarismo soviético e á represión dos dereitos civís e nacionais dos pobos tártaro e ucraíno.

Nadia MURAD e Lamiya AJI BASHAR 

Nadia Murad Basee Taha é unha defensora pública da comunidade relixiosa yazidí de Iraq. Sobreviviu á escravitude sexual a mans do Dáesh e hoxe é portavoz das mulleres vítimas da campaña de violencia sexual desta organización terrorista, á vez que promotora do recoñecemento do xenocidio yazidí.

Do mesmo xeito que Nadia Murad Basee, Lamiya Aji Bashar foi vítima da escravitude sexual e das atrocidades do Dáesh. Lamiya resultou gravemente ferida ao fuxir de Iraq, antes de ser levada a Alemaña para recibir tratamento médico. Traballa na defensa da comunidade yazidí e agarraches ás mulleres e ás nenos vítimas do Dáesh



Concello de Lugo