Inicio > Novas > Nadia Murad e Lamiya...


Nadia Murad e Lamiya Aji Bashar, galardoadas co Premio Sájarov á Liberdade de Conciencia na súa edición de 2016

27/10/2016

 Nadia Murad Basee Taha e Lamiya Aji Bashar son sobreviventes do cativerio do Dáesh, no que foron utilizadas como escravas sexuais, e son hoxe, tras a súa fuxida, portavoces das mulleres vítimas da campaña de violencia sexual do Dáesh. Ambas son defensoras públicas da comunidade yazidí de Iraq, unha minoría relixiosa sometida a unha campaña genocida por parte do Dáesh.

Imaxen asociada a nova

 O 3 de agosto de 2014, esta organización terrorista asasinou a todos os homes de Kocho, o pobo natal de Aji Bashar e Murad situado na provincia de Sinjar en Iraq. Tras o masacre, as mulleres e os nenos do pobo foron capturados e esclavizados: todas as mulleres novas, incluídas Aji Bashar, Murad e as irmás de ambas, foron secuestradas, vendidas en varias ocasións e utilizadas como escravas sexuais. Durante a matanza de Kocho, Murad perdeu a seis dos seus irmáns e á súa nai, que foi asasinada xunto con outro oitenta mulleres maiores que os terroristas consideraron sen valor sexual. Aji Bashar foi tamén explotada como escrava sexual xunto co seu seis irmás. Foi vendida e comprada cinco veces polos terroristas e obrigada a fabricar bombas e chalecos suicidas en Mosul, despois de que o Dáesh asasinase ao seu pai e irmáns.

 

En novembro de 2014 Murad logrou escapar con axuda dunha familia veciña que a sacou clandestinamente da zona controlada polo Dáesh, co que Murad puido chegar até un campo de refuxiados do norte de Iraq, e desde aí viaxar a Alemaña. Un ano despois, en decembro de 2015, Murad interveu na primeira sesión da historia do Consello de Seguridade das Nacións Unidas dedicada ao tráfico de persoas, pronunciando un vibrante discurso sobre a súa experiencia. En setembro de 2016 Murad converteuse na primeira persoa sobrevivente de tráfico de persoas en ser nomeada embaixadora de boa vontade da Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (ONUDD) pola dignidade dos sobreviventes do tráfico de persoas, participando posteriormente en diversas iniciativas a nivel local e mundial para a sensibilización fronte ao sufrimento das incontables vítimas deste tráfico. En outubro de 2016 o Consello de Europa distinguiuna co Premio Václav Havel aos Dereitos Humano.


Aji Bashar tratou de escapar varias veces até finalmente conseguilo o pasado abril con axuda da súa familia, que pagou os servizos de transportistas clandestinos locais. Ao pouco de atravesar a fronteira kurda, na súa fuxida cara ao territorio controlado polo Goberno iraquí, cos militantes do Dáesh pisándolle os talóns, explotoulle unha mina terrestre, matando a dous coñecidos e deixándoa a ela mesma malferida e case cega. Afortunadamente puido continuar a súa fuxida e ser posteriormente enviada a recibir tratamento médico en Alemaña, onde se reuniría cos seus irmáns e irmás sobreviventes. Desde a súa recuperación, Aji Bashar promoveu activamente a sensibilización fronte ao sufrimento da comunidade yazidí e hoxe segue axudando ás mulleres e as nenos vítimas da escravitude e das atrocidades do Dáesh.



Concello de Lugo