Inicio > Novas > Presentación do Prem...


Presentación do Premio Carlomagno

31/10/2016

 Desde 2008 o Parlamento Europeo, xunto coa Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán, anima cada ano aos mozos de todos os Estados membros da Unión a que presenten proxectos xestionados por e para mozos que contribúan activamente ao desenvolvemento de Europa.

Imaxen asociada a nova  PODEMOS PARTICIPAR?


Poden presentar proxectos para o Premio Europeo Carlomagno da Mocidade os mozos de entre dezaseis e trinta anos de calquera dos Estados membros.


Os proxectos poden presentarse de maneira individual ou, preferiblemente, en grupo. Deben promover o entendemento a escala europea e internacional, estimular o desenvolvemento dunha identidade europea compartida e da integración europea, e servir de modelo para os mozos que viven en Europa e ofrecer exemplos prácticos de europeos que viven no seo dunha mesma comunidade.


QUE TIPO DE PROXECTOS PODEN PRESENTARSE?


Os anteriores gañadores foron premiados por proxectos tales como intercambios xuvenís, eventos nos ámbitos deportivo, artístico ou cultural. Pode tratarse tamén de proxectos de internet con dimensión europea. Para máis información sobre os proxectos de anteriores gañadores, botade unha ollada aquí.


QUE PASA SE GAÑAMOS?


Outorgarase un premio de 7 500 euros ao mellor proxecto, de 5 000 euros ao segundo e de 2 500 euros ao terceiro. Como parte do premio, convidarase os tres galardoados a visitar o Parlamento Europeo (en Bruxelas ou en Estrasburgo).


Convidarase a un representante de cada un dos vinte e oito proxectos gañadores nacionais a asistir aos actos que se celebrarán durante varios días en Aquisgrán, incluída a cerimonia de entrega do Premio Europeo Carlomagno da Mocidade, que sempre ten lugar dous días antes da Ascensión, o día en que se outorga o prestixioso Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán.


Os premios outorgados ao tres mellores proxectos serán presentados polo Presidente do Parlamento Europeo e por representantes da Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán.

O voso proxecto recibirá así mesmo unha ampla cobertura informativa a través das canles mediáticas do Parlamento Europeo e da Fundación.


... e por último ?pero non menos importante?, a vosa estancia en Aquisgrán será unha oportunidade única de coñecer e establecer contactos con outros mozos dinámicos de toda Europa, unha plataforma para compartir a vosa visión de Europa ante os líderes europeos, e, para moitos, o principio de amizades duradeiras con persoas afíns procedentes de toda Europa.


+info



Concello de Lugo