Inicio > Novas > Bolsas para titulado...


Bolsas para titulados superiores universitarios e en formaciĆ³n profesional en asuntos europeos

15/11/2016

 A Fundación Galicia Europa (FGE) vén de publicar unha nova convocatoria de bolsas de formación en asuntos relacionados coa Unión Europea para o ano que vén, en liña cos seus obxectivos de achegar a realidade europea á sociedade galega e de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas da comunidade.

Ofértanse en total seis prazas: cinco dirixidas a licenciadas/os ou posuidoras/es de grao universitario e unha dirixida a técnicas/os superiores de formación profesional en Secretariado ou Asistencia á dirección, para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e en Bruxelas durante o ano 2017

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 22 de novembro de 2016. As persoas seleccionadas realizarán as prácticas entre o 23 de xaneiro e o 22 de decembro de 2017.

Imaxen asociada a nova  A Fundación Galicia Europa (FGE) constitúese ao abeiro do artigo 34.1 da Constitución Española e réxese pola Lei 12/2006, do 1 de decembro, sobre o réxime das fundacións de interese galego e pola Lei 16/2010, de 17 de decembro de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público de Galicia. Esta fundación, creada en 1988, é unha institución sen ánimo de lucro que ten por finalidade promover o achegamento entre Galicia e Europa.


O traballo da FGE materialízase en catro grandes ámbitos de acción que responden aos obxectivos de defender os intereses de Galicia perante a Unión Europea (UE), informar sobre a UE en Galicia, promover a participación galega en proxectos europeos e formar e sensibilizar sobre Europa.

A formación da xuventude é un dos piares da actividade da FGE e con este obxectivo convócanse cada ano bolsas para que a mocidade galega poida incrementar o seu coñecemento sobre o funcionamento da UE e das súas políticas.

1. Obxecto

Establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de seis bolsas de formación, cinco dirixidas a licenciadas/os ou posuidoras/es de grao universitario e unha dirixida a técnicas/os superiores de formación profesional en Secretariado ou Asistencia á dirección, para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e en Bruxelas durante o ano 2017. As bolsas teñen por obxecto a formación, realizando prácticas de aprendizaxe e familiarizándose co funcionamento da UE e das súas institucións co fin de favorecer o acceso ao mercado laboral, ademais de ofrecerlle a posibilidade de integrarse nun contorno multicultural e multilingüe.

As seis bolsas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

2. Descrición e modalidade das bolsas


1. Catro bolsas estarán destinadas a tituladas/os universitarias/os para a formación no seguimento dos asuntos relacionados coas institucións comunitarias e coas súas políticas así como coa captación de financiamento comunitario e xestión de proxectos europeos, nas que se valorarán preferentemente as seguintes titulacións: grao ou licenciatura en Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas, Relacións Internacionais e Ciencias Económicas. Destas catro bolsas, dúas estarán destinadas na oficina da FGE de Bruxelas e outras dúas na de Santiago de Compostela.
2. Unha bolsa estará destinada a tituladas/os universitarias/os para a formación en comunicación e información das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da presenza de Galicia nos organismos europeos, con destino na oficina de Bruxelas. Estará reservada para o grao ou licenciatura en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual.
3. Unha bolsa estará destinada a técnicas/os superiores de formación profesional para a realización de prácticas con destino na oficina de Bruxelas. Estará reservada para as seguintes titulacións: Técnica/o superior en Secretariado ou en Asistencia á dirección.

As persoas aspirantes só poderán presentarse a unha destas modalidades de bolsa e deberán manifestar a súa elección no modelo de solicitude do Anexo I.

+info:



Concello de Lugo