Inicio > Novas > IV Congreso de Cultu...

IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #inlugo16

23/11/2016

 O IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #inlugo16 é un encontro aberto, gratuíto e para todos os públicos, dirixido tanto a persoas coñecedoras e precursoras da transformación que está a producir Internet nas nosas vidas como a aquelas que o utilizan a un nivel máis básico e aínda non participan neste proceso de forma activa.

Imaxen asociada a nova

Será un espazo onde tentaremos comprender que é o que supón para as nosas vidas o uso da rede, que uso facemos dela e que implicacións ten no mundo que nos rodea.

O evento está promovido pola Deputación de Lugo e celebrarase no Pazo de San Marcos os días 16 e 17 de decembro de 2016 e conta co patrocinio de R Galicia e a colaboración de Alsa. Está composto por diferentes relatorios e mesas redondas nas que poderemos falar, debater e reflexionar sobre os cambios de hábitos, mentalidade, formas de comunicación e estilos de vida, que despois de corenta anos de existencia, produce a Rede en diferentes sectores da nosa sociedade, con especial atención a aqueles sectores estratéxicos na provincia de Lugo.

Para iso, contaremos coa participación de coñecidos personaxes do mundo do xornalismo, a tecnoloxía, a mercadotecnia online ou a cultura dixital, entre outros, que analizarán os cambios de hábitos, de mentalidade, de formas de comunicación e de estilos de vida que está a provocar Internet na sociedade dos nosos días.

Como colofón, o encontro acollerá a entrega dos IV Premios INLUGO.

Descubre o programa e participa! 

Concello de Lugo