Inicio > Novas > Madrid. Día Europeo ...


Madrid. Día Europeo das Persoas con Discapacidade

07/12/2016

As Institucións Europeas en España conmemoran o Día Europeo das persoas con discapacidade 2016 cunha actuación de danza da Fritsch Company (Fundación Psico Ballet Maite León) o 2 de decembro en Madrid.

Imaxen asociada a nova

O 3 de decembro celébrase o Día Europeo das Persoas con Discapacidade co obxectivo de lembrar aos poderes públicos e á sociedade en xeral que só se pode construír unha Europa realmente xusta e igual para todos se se logran romper todas as barreiras (materiais ou non) que dificultan a accesibilidade e entorpecen a vida diaria destas persoas.

O enfoque da UE ao redor da discapacidade opera tanto a nivel comunitario como a nivel de cada Estado membro. Afróntase a través da Directiva da UE sobre Igualdade de Trato en Asuntos de Emprego e Ocupación, o Plan de Acción da UE sobre Discapacidade, a Estratexia Europea de Emprego e as Directrices para o Emprego, e está incorporado nunha serie de programas -a través do Fondo Social Europeo- que teñen como obxectivo activar o emprego eliminando as barreiras existentes no ámbito da educación e a formación permanente. Os alicerces fundamentais do enfoque da UE sobre a discapacidade son a loita contra a discriminación, a eliminación de barreiras e a integración da discapacidade en todas as políticas da UE.

"Mesa para Tr3s"

Para conmemorar esta data, as Institucións Europeas en España,  en colaboración co Museo Reina Sofía de Madrid organizan unha representación da obra de danza "Mesa para Tr3s" de  a Fritsch Company, pertencente á Fundación Psico Ballet Maite León. As entradas son gratuítas (até completar aforamento) e poderanse recoller nos despachos de billetes do museo a partir do 23 de novembro. Accesibilidade para usuarios de mobilidade reducida.

Dita Fundación, constituída en 1986, centra o seu traballo na formación escénica completa de persoas con discapacidade psíquica, intelectual, do desenvolvemento e/ou sensorial a través dunha metodoloxía propia. Foi creada por Maite León, bailarina, coreógrafa e nai dunha filla con discapacidade intelectual. Nela formáronse máis de 600 alumnos con diversidade e máis de 2.000 profesionais do ámbito da educación especial e artes escénicas. Os seus espectáculos foron representados en Europa, Estados Unidos e Canadá, sendo vistos por máis de 1.000.000 de espectadores.

A Fundación recibiu o premio CERMI 2016 (Modalidade Acción Cultural Inclusiva). Neste acto e tras  finalizar a representación de danza, farase entrega do citado premio  aos seus responsables.



Concello de Lugo