Inicio > Novas > A Xunta traslada á U...


A Xunta traslada á Unión Europea as propostas de Galicia para flexibilizar as obrigas da frota de baixura sobre os botiquíns

22/12/2016

Esta xuntanza foi solicitada coincidindo coa revisión que está a facer a Unión Europea sobre a normativa que regula estes aspectos


Rosa Quintana argumentou que existe un desfase entre as obrigas requiridas e as necesidades inherentes da actividade pesqueira deste 

Solicitou ao director xeral que se lle requira aos buques de artes menores o mesmo tipo de botiquín que se esixe para as balsas salvavidas, moito máis sinxelo

Imaxen asociada a nova  A Consellería do Mar trasladou onte á Unión Europea as propostas de Galicia para reducir á frota de baixura as obrigas relacionadas co botiquín de tipo “C” que deben levar a bordo dos buques. Foi nunha xuntanza que mantivo onte a conselleira do Mar, Rosa Quintana, co director de Emprego responsable da Seguridade e Saúde no Traballo da Comisión Europea, Stefan Olsson, coincidiendo coa revisión que a UE está a levar a cabo sobre a normativa que regula estes aspectos. Esta reunión foi posible grazas á colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Consellería do Mar. 


Neste encontro a titular de Mar explicou ao director xeral a realidade da frota de baixura de Galicia, composta por preto de 3.800 embarcacións. Esta frota, explicou a conselleira, “faena moi preto da costa e debido á normativa que está en vigor está obrigada a levar un botiquín de medicamentos que é bastante custoso e complicado de utilizar, debido a que as embarcacións son pequenas e non teñen ponte”. Ademais, engadiu, hai medicamentos que contén o botiquín que nin necesitan nin utilizan.

Neste sentido, a conselleira expuxo ao director xeral que existe un desfase entre as obrigas requiridas e as necesidades inherentes da actividade pesqueira deste segmento de frota. Por iso a titular de Mar lle solicitou que se lle requira aos buques de artes menores o botiquín tipo “D”, ao igual que se esixe para as balsas salvavidas, moito máis sinxelo. Esta nova reclasificación simplificaría os contidos do botiquín e sería máis axeitada para este segmento da frota.

Rosa Quintana sinalou que Stefan Olsson “empatizou totalmente coas propostas trasladas desde Galicia” e que solicitou información complementaria ao respecto. Ante esta petición, a conselleira sinalou que se traballará co Consello Galego da Pesca, co Instituto Galego de Seguridade Saúde Laboral (ISGGA) e coa Consellería de Sanidade, que xa está a avaliar a lista de medicamentos que ten que levar o botiquín. Ademais explicou que, en canto se dispoña desta información, trasladaráselle á Unión Europea.



Concello de Lugo