Inicio > Novas > O Concello implica á...


O Concello implica á cidadanía no proxecto europeo Lugo+Biodinámico a través da web www.lugobiodinamico.eu

23/03/2017

El Ayuntamiento puso en funcionamiento la web www.lugobiodinamico.eu, un portal con el que implica a la ciudadanía en el proyecto europeo Lugo+Biodinámico, una iniciativa dotada con 3,5 millones de euros con la que desarrolla iniciativas en favor de un urbanismo sostenible y un mejor aprovechamiento forestal.

Imaxen asociada a nova   a nivel económico e ambiental, co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e de transformar Lugo nunha cidade máis verde.


Esta nova web contén información sobre as actuacións impulsadas polo Concello no marco do programa, documentación, sección multimedia, actualidade, unha axenda, enquisas, networking e un formulario de contacto. Ademais, todos os contidos do mesmo están accesibles en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Enquisa á cidadanía

A entidade local, aproveitando esta ferramenta tecnolóxica, tamén implica aos veciños e veciñas de Lugo no desenvolvemento do proxecto europeo a través dunha enquisa que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de estratexias de mitigación e adaptación ao cambio climático na cidade, así como avaliar o nivel de coñecemento e satisfacción do proxecto Lugo+Biodinámico e tamén as necesidades da cidadanía que poderían satisfacerse coa xeración de novas actividades empresariais ligadas ao medio ambiente. A cidadanía pode cubrir a enquisa vía en liña, dunha maneira rápida e sinxela, desde hoxe ata o día 30 de abril.



Concello de Lugo