Inicio > Novas > Abusos na internet: ...


Abusos na internet: tentárono contigo?

24/03/2017

 Moitos de nós pasamos moito tempo conectados a internet, metidos en redes sociais, intercambiando mensaxes con amigos, vendo televisión ou consultando información sobre os estudos ou o traballo. Pero, que pasa se un bo día pasas a ser o branco de abusos?

Imaxen asociada a nova  O movemento contra o discurso do odio é unha campaña para animar aos mozos para defender os dereitos humanos e loitar contra o discurso do odio na internet (por exemplo racismo, homofobia, sexismo e outros tipos de ciberacoso).

 
Creouno o Consello de Europa coa idea de utilizar a propia web para loitar contra o abuso, e o seu propósito é sensibilizar aos mozos sobre o discurso do odio, ensinarlles a recoñecer os casos en que se violan os dereitos humanos e axudarlles a defender os seus propios dereitos humanos e os dos demais.
 
Un informe da Axencia dos Dereitos Fundamentais da UE indica que os grupos minoritarios (incluídos a comunidade xitana, os LGTBI e os inmigrantes) son os obxectivos máis frecuentes de todos os tipos de delitos de odio, entre eles o abuso na internet. Quen abusa aprovéitanse do aparente anonimato da comunicación na rede.
 

 
Como podes axudar?
Hai cinco cosas que podes facer en apoio do movemento contra o discurso do odio:
 
Cargar mensaxes, imaxes, vídeos e outras cousas que creases contra o discurso do odio.
 
Fuches testemuña ou vítima de abusos na internet? Informa e envía a ligazón ao Observatorio do Discurso do Odio, plataforma creada para cartografiar o discurso do odio na internet.
 
Le o blogue da campaña Non ao odio. Informaranche dos próximos actos e da maneira en que podes participar. Tamén podes seguilo en Facebook ou Twitter.
 
Asina a petición para crear un Día Europeo das Vítimas de Delitos de Odio o 22 de xullo.
 
Organiza un acto en apoio do Día Europeo das Vítimas de Delitos de Odio, o 22 de xullo de 2016, nun instituto, grupo xuvenil ou lugar público, para sensibilizar sobre os delitos de odio cometidos na túa comunidade ou país.



Concello de Lugo