Inicio > Novas > Concurso 60 anos cam...


Concurso 60 anos cambiando vidas

07/04/2017

Os centros EUROPE DIRECT de Galicia - Europe Direct A Coruña, Europe Direct Lugo e Europe Direct Cámara Ourense - convidan as persoas residentes en Galicia maiores de idade a participar no IV concurso de Fotografía Cidadáns Europeos en Galicia. Este ano o lema do concurso é 60 anos cambiando vidas co obxectivo de conmemorar como cambiou a vida dos cidadáns europeos desde a orixe da UE.


Imaxen asociada a nova  Sabías que o ano 2017 é un ano moi especial para os cidadáns europeos, xa que celebramos varios aniversarios?


O tratado de roma cumpre 60 anos. O 25 de marzo de 1957 Bélxica, Francia, Luxemburgo, Países Baixos, Italia e Alemaña asinaron en Roma os tratados que establecían a Comunidade Económica Europea (CEE). Coa CEE sentan as bases do mercado común e por tanto, tamén se poñen os cimentos para actual unión Europea.

Erasmus: 30 anos de éxitos. En 1987 púxose en marcha uno dos programas de máis éxito da Unión Europea, o Erasmus. Desde entón case 5 millóns de mozos europeos participaron desta experiencia. España é o destino máis popular entre os Erasmus: no curso 13/14 case 40.000 mozos elixiron centros españois para estudar.

O euro: 15 anos de moeda única. A introdución do euro en 1999 foi un gran paso cara á integración europea. Pero non foi ata 2002, hai 15 anos que a moeda única entrou en circulación. Naquel momento só 12 países usaban o euro, hoxe compárteno 19 países e máis de 337 millóns de cidadáns. Hoxe en día o euro é a segunda moeda máis utilizada en todo o mundo.

Romanía e Bulgaria: 10 anos na UE. Estes dous países entraron  formar parte da Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007. Así se completo a quinta ampliación da Unión Europea contando cun total de 27 Estados membros. Máis tarde, en xullo de 2013, Croacia foi o último país en incorporarse á UE.

Temos moitos motivos para celebrar! Envíanos a túa fotografía mostrando como a Unión Europea ha repercutido na túa vida, nos teus dereitos ou na túa cidade.

Participa neste concurso e Gaña un fantástico premio!

Decátate como a través da seguinte ligazón: https://www.facebook.com/concursociudadanoseuropeosengalicia/



Concello de Lugo